A película quedou preciosa e, no mes de xuño, fixéronnos un pase a todos nós. Na película participaron todos os nenos de 1º B, algún compañeiro doutros cursos e dous mestres, Mercedes e Juan Carlos.
O traballo foi duro e levou moito tempo, ensaios, probas, máis ensaios, grabacións, música... José Manuel Villar traballou moito e logrou emocionarnos a todos cunha historia preciosa sobre o alzheimer e o camiño de Santiago.
Despois de remadada a película, presentouna ó festival internacional de cine de Ourense. Fai un tempo chamaron para dicir que o 5 deste mes tiñan que ir a Ourense para a entrega de premios.
A alegría foi grande xa que o filme recibeu o 1º premio da súa categoría.
Desde o ciclo de infantil queremos felicitalos a todos e todas polo seu magnífico traballo, especialmente a Manuel que argallou toda a historia.
Este ano Manuel non está connosco. Traballa nunha escola de Rianxo. Desde aquí queremos darlle a noraboa .
O CARTEL


OS ACTORES
O PREMIO





O DIPLOMA

A NOTICIA NA PRENSA (venres 8 de outubro)

hola soy marcelo. me encanta haber participado en esta pelicula. que bueno ha tenido premio. ha sido genial me gustaria hacer otra este año.
ResponderEliminar