30/10/10

SAMAIN é una palabra gaélica que significa fin do verán e principio do inverno. Na cultura ceta a noite do 31 de outobro era o día máis importante do ano. Este día empezaba o ano celta. A xente reuníase nos ciminterios, comían o porco e celebraban festas. Este día, as portas do outro mundo abríanse e as ánimas podían vir a este mundo visitar ós seus moradores.
Para afastar ás ánimas dos seus castros das ánimas defuntas puñan no alto das murallas as caveiras iluminadas dos inimigos mortos na guerra. De aí ven a tradición de facer caveiras dos cabazos.
Coa chegada do cristianismo, esta festa converteuse no día de todos os santos,
Os emigrantes europeos (sobre todo irlandeses) fóronse a Estados Unidos e alí, copiaron a tradición celta do samain para convertela nunha tradición que mezcla o Samain co entroido: o Halloween.
A tradición galega do samain enlaza tamén coas tradicións do magosto, ou peculiaridades tales como facer colares con castañas ou deixar na mesa comida para os difuntos.
Ate non fai moitos anos celebrabase esta tradición nas aldeas galegas (os que temos algúns anos ainda acordamos como os nenos facían cabazas e iluminábanas durante o mes de outubro e novembro). Hoxe, a televisión, o cine, etc fannos crer que esta é unha tradición allea e intentan que imitemos unha festa comercial .
Conservemos o samain como festa tradicional galega.

Os nenos da escola trouxéronnos moitas cabazas. Os de infantil tamén o fixeron. Aquí tendes unha mostra.

CABAZAS


E MAIS CABAZAS



O VENRES PUXEMOS TODAS AS CABAZAS POLA ESCOLA. ACENDÉMOLAS E OS CATIVOS POIDERON VELAS. MÁIS TARDE FORON OS PAIS OS QUE TIVERON A OPORTUNIDADE DE COMPROBAR O INXENIO DOS SEUS FILLOS (E TAMÉN O SEU, XA QUE OS PEQUENOS PRECISARON DE AXUDA)




MOITAS GRAZAS POR TODO




(algún neno non saiu na foto porque se estropeou unha das cámaras e non poidemos recuperar ás fotos)

24/10/10

O PORCO ESPIÑO

Coa chegada do outono os nenos e nenas de infantil quixeron facer un pequeno traballo estampando follas e facendo dúas fermosas familias de porcos espiños.
Empezamos buscando follas axeitadas e pareceunos que as de castiñeiro estaban ben. Despois Pili fíxo as plantillas e distribuimos o traballo: un porco espiño por clase. Os de tres anos fixeron os maiores, os de catro os medianos e os de 5 os pequenos.
Cada clase estampou as follas como quixo e cas cores que eles elexiron. despois algúns recortaron, outros picaron... e ós pequeniños dóuselles unha pequena axuda.
Tamén axudaron a pintar a base e a pegar as follas.
Agradecemoslle ás nenas e nenos de 6º que nos fixeron o fondo dos murais.


O PROCESO



AS AXUDAS



O RESULTADO




8/10/10

OS ANIVERSARIOS DE SETEMBRO





ESTE MÉS CUMPLIRON 3 ANOS
SARA E MARTIÑO









ANTÍA E RAÚL







CUMPLIRON 4 ANOS

DARÍO





CUMPLIRON 5 ANOS

JULIA







RAÚL CALVO







YAGO







NICOLÁS










felicidadesempty