19/12/11

TARXETAS DE NADAL

Os neos e nenas de infantil do CEIP A Igrexa-Calo desexánvos un bó nadal e un próspero ano novo cunhas preciosas postais.





boemptynadal

OUTRA ÁRBORE DE NADAL


A imaxinación é cada vez maior.  Mirade  a preciosa árbore que fixeron os de 4 anos con follas das árbores do patio. 
 Quedoulles preciosa.













14/12/11

DEBUXOS NAVIDEÑOS NAS VENTÁS.

Os nenos de 3 anos pintaron unha preciosa árbore de nadal na ventá, unha árbore solidaria, feita con todas as súas máns.
Noutra ventá decidiron pintar a un dos Reis Magos, Baltasar.  Despois de moito traballo ides ver o resultado.




O resultado









O resultado







13/12/11

ADORNOS DE NADAL

Os nenos de 4 anos A decidiron tamén facer algúns adornos de nadal.  Ídelos ver mentras pintan un Rei Mago, un Papá Noel ou uns anxiños ós que lle van por a súa cara.  Tamén fixeron unha preciosa cuna para o Belén.



11/12/11

FACEMOS CAMPAIÑAS

Os nenos e nenas de 3 e 5 anos, pola súa parte, prepararon unhas preciosas campaiñas de cores, feitas con cartóns de ovos.
Despois de recortar os cartóns, os pequenos pintaronos de distintas cores e botáronlle purpurina.
Cando estiveron feitos as súas mestras uniron as campaiñas cuns lazos vermellos .
Puxeron 3 na árbore de nadal e o resto van levalas ás súas casas para decorar a propia árbore.






                                     



ESTRELIÑAS DE NADAL

Todos os nenos e nenas de infantil decidiron facer adornos para a árbore.
Os nenos e nenas de 4 anos b fixeron estreliñas con cartóns reciclados de papel de vater e sal.
Primeiro cortaron o cartón en rectángulos, despois pegárono e por último meteron a estrela en sal para darlle brillo.
Os resultados, como vedes, foron magníficos.

O proceso








O resultado


A ÁRBORE DE NADAL

Os nenos e nenas de infantil decidiron colocar na porta da entrada unha preciosa árbore de nadal feita en cartón na que eles, e todos os demais cursos, poidesen colocar os adornos que quixesen.
Para a elaboración da árbore foi moi importante a colaboración de María, a coidadora, que nos fixo a plantilla sobre a que construilo.  
Tamén as mestras de infantil colaboraron ao recortar e pegar as pezas. E os nenos, que foron os encargados de pintalo.
Tamén os nenos e mestres de primaria colaboraron na realización de adornos.