27/4/13

PINTANDO


 Os nenos e nenas de 5 anos B decoraron as súas ventás con debuxos primaverais feitos por eles.  Están feitos uns verdadeiros artistas.

24/4/13

DÍA DO LIBRO



Onte foi un día FABULOSO!
A lectura creou un momento máxico no patio do cole.


Pois, imos contar un conto,
un conto moi especial.
Non sabemos de que trata 
mais pronto se saberá.

Teremos ollos abertos,
o cu pegado no chan.
Coas orellas escoitando,
axiña imos comezar.




día do libro from panconxocolate@gmail.com on Vimeo.

23/4/13

A MAXIA DA LECTURA



O día 23 de abril é o día do libro. En Calo imos facer algo especial para festexar a MAXIA DE LER: compartir un libro.

Un neno ou nena de Primaria contaralle un conto a outro/-a de Infantil. Compartirán palabras, emocións, sorrisos, poderán imaxinar bruxas con verrugas que nos queren enfeitizar, osos que saben cociñar, princesas que viven en pazos de cristal...E sobre todo, cun libro farán un amigo!


"Encontrei o que vos digo
e máis podería encontrar;
porque, con leres un libro,
mil mundos podes achar."

22/4/13

OS CUMPLES DE MARZO




En marzo cumpliron 4 anos

Alex e Flavio








Álvaro






Álvaro






Nicolás





Uxía






cumpliron 5 anos

Samuel e Adrián








cumpliron 6 anos

Uxue





O PARRULIÑO FEO


teatro vídeo from panconxocolate@gmail.com on Vimeo.

 Os máis peques saímos de excursión para ver  O PARRULIÑO FEO!

 Pola mañá subimos ao autobús coas nosas profes. Chegamos a Santiago. Alí había un cole parecido ao noso, chámase La Salle.

Esperamos un pouquiño no patio ata que puidemos entrar. Unha vez acomodados e caladiños, apagáronse as luces e...comezou a obra de teatro!

Foi emocionante!

15/4/13

PEQUENOS INFORMÁTICOS


informatica from panconxocolate@gmail.com on Vimeo.



As nenas e nenos de 5A están motivadísimos co uso do ordenador e os xogos educativos. 
Isto axudaralles a desenvolver habilidades mentais mentres se divirten e a mellorar a competencia dixital.



7/4/13

A PINTAR CON JACKSON POLLOCK!



É importante que os nenos  poidan expresase por medio da linguaxe artística.
Desde as aulas de infantil de 3 anos imos coñecer algúns autores e as súas obras.  Empezamos por:
Jackson Pollock, artista e pintor que usaba a técnica de chorrear e deixar caer a pintura desde o tarro.