30/1/11

O DÍA DA PAZ

O día 30 de xaneiro celebramos o día internacional da paz. Na escola celebrámolo o día 28. Estas son algunhas das actividades que fixemos, algunhas só os de infantil, outras con toda a escola. Esperamos que vos gusten.

Os nenos de infantil fan un mural coas súas mans en forma de pomba.




Os pequenos tamén pintaron pombiñas nos cristais
.





Pola manán pintamos a palabra paz no patio da escola e pola tarde todos os nenos sairon a
formala. este foi o resultado:

os murais








a palabra PAZ




20/1/11

A LÓXICA DOS NENOS (1)

Imos empezar hoxe unha nova sección no blog. Moitas veces comentamos a aplastánte lóxica dos nenos que nos deixa sen palabras. Imos mostrarvos algo desta lóxica. De cando en vez teredes aquí unha mostra dela. Hoxe empezamos con dúas pequenas historias.

1.- Os nenos están a pintar unha uva e mestra advírtelles que a folla da uva é de cor verde, nin branca, nin rosa nin... ¡verde!. Un neno remata e vai ensinarlle o traballo. A folla é verde e azul.
MESTRA.- Xa che dixen que tiña que ser verde.
NENO.- É que ten sulfato.



2.- Estamos lendo un libro no que ao final os protagonistas van para a casa collidos da man.
NENO1.-É que están namorados.
MESTRA.-É que é iso de estar namorados?
Hai varias contestacións, pero a mellor é a seguinte
NENO2.- É ir á misa.
MESTRA.- (vendo por onde van os tiros) E logo, fuches a unha voda?
NENO2.- Si, á do meu primo.
MESTRA.- E, que é unha voda?
NENO2.- Primeiro vas á misa e despois ven a voda e comes langostinos.

13/1/11

OS CUMPLES DE DECEMBRO



EN DECEMBRO CUMPLIU 3 ANOS

CANDELA







CUMPLIU CATRO ANOS

MAURO







CUMPLIU 5 ANOS

UXÍA








felicidades

6/1/11

O NADAL NA ESCOLA

O nadal chegou á escola. Os nenos de infantil escribironlle ós Reis Magos e a Papá Noel para que lle trouxeran moitos regalos. Esperamos que foran moi bós e que o seu desexo se cumplise.

O día 22 de decembro tivemos unha representación de malabaristas na escola. os nenos pasárono moi ben e moitos practicaron despois o que fixeran os nosos invitados, como bailaban, como se movían, como facían malabarismos...



Máis tarde chegou papá Noél e levoulles un pequeno agasallo.



FELIZ NADAL A TODOS.