24/10/10

O PORCO ESPIÑO

Coa chegada do outono os nenos e nenas de infantil quixeron facer un pequeno traballo estampando follas e facendo dúas fermosas familias de porcos espiños.
Empezamos buscando follas axeitadas e pareceunos que as de castiñeiro estaban ben. Despois Pili fíxo as plantillas e distribuimos o traballo: un porco espiño por clase. Os de tres anos fixeron os maiores, os de catro os medianos e os de 5 os pequenos.
Cada clase estampou as follas como quixo e cas cores que eles elexiron. despois algúns recortaron, outros picaron... e ós pequeniños dóuselles unha pequena axuda.
Tamén axudaron a pintar a base e a pegar as follas.
Agradecemoslle ás nenas e nenos de 6º que nos fixeron o fondo dos murais.


O PROCESO



AS AXUDAS



O RESULTADO




1 comentario:

  1. Que divertido!!!!!!un traballo moi orixinal,un saúdo

    ResponderEliminar