31/1/10

ATA SEMPRE SARA¡¡¡




Esta semana tivemos unha despedida a nosa compañeira Sara Arufe da clase de 5 anos vaise para outro cole. Todos sentimos moito a súa marcha e imola botar moitísimo de menos. E para que non se olvide de nós decidimos facerlle unha festa de despedida con todo o ciclo de infantil e coa colaboración da mamá de Sara que nos trouxo chuches e ata unha tarta... mirade que ben o pasamos.








AS PROFES queremos mandarche un forte abrazo desde o blog e dicirche que alá donde vais non te olvides de que Calo foi o teu primeiro cole e aquí dentro das nosas aulas deixas un pedaciño do teu soriso.









Generador De Texto Con Brillo

DÍA DA PAZ


Este venres celebramos o día da paz, todos os nenos e nenas de infantil participamos dun mural moi especial. Un mural donde plasmamos os nosos bicos, impulsos de amor, en sinal da nosa amizade. Tamén aprendimos durante a semana, un pouco sobre a palabra PAZ. Entre todos buscámoslle significado. Se pulsades no play podedes ver un resumo de todo isto e do ben que o pasamos pintándonos os labios.







Tamén os nenos e nenas de 1º de primaria colaboraron e deixaron a súa pegada neste mural

29/1/10

SOLIDARIDADE CON HAITÍ

Estes días estamos a ver nos diferentes medios de comunicación a desgracia que están a vivir as persoas e sobre todo nenos e nenas como os nosos cativos, tralo terremoto de Haití. Foron continuas as iniciativas de plataformas, entidades e xente anónima en apoio a ese pais. Motivadas por este sentimento e incapaces de facelo de outra maneira, mandámosvos a todas as familias unha pomba (emblema de paz, que estes días estamos a traballar nas aulas) co fin de que a través da vosa creatividade e inxenio poidera chegar simbólicamente a toda esa xente e en especial a todos eses cativos un pouquiño de alentó entre tanta dor.
Desde aquí, as mestras, queremos agradecervos a colaboración que sempre nos prestades pero, hoxe en particular, un grazas máis grande por unirvos a nós en esta causa tan especial.
Mirade como “voan” as vosas pombas solidarias ata HAITÍ.

25/1/10

MENÚ 25 - 29 XANEIRO

LUNS

LENTELAS
TORTILLA CON ENSALADA
PLÁTANO

MARTES

CREMA DE CALABACÍN
ESPAGUETIS BOLOÑESA
MELOCOTÓN

MÉRCORES

SOPA
PEITUGA DE POLO CON PATACAS FRITAS
MAZÁ

XOVES

CALDO
MERLUZA CON PATACAS COCIDAS
CACAOLAT CON GALLETAS

VENRES

CALAMARES Á ROMANA
FIDEO CON AMEIXAS
FLAN

18/1/10

MENÚ 18 - 22 XANEIRO

LUNS

SOPA
COLIFLOR CON OVO E PATACA
PLÁTANO

MARTES

PURÉ DE VERDURAS
MACARRÓNS CON TERNEIRA
PLÁTANO

MÉRCORES

FABADA
LENGUADO CON PATACAS COCIDAS
MELOCOTÓN EN ALMÍBAR

XOVES
ENSALADA MIXTA
CHURRASCO CON PATACAS FRITAS
MAZÁ

VENRES

EMPANADA DE ATÚN
FIDEO CON POLO
IOGURT

7/1/10

OS CUMPLES DE DECEMBRO



EN DECEMBRO CUMPLEU 3 ANOS
MAURO







CUMPLEU 4 ANOS
UXÍA






MOITAS FELICIDADES ÓS DOUS