21/5/13
LETRAS E TRAXES GALEGOS
O 16 de maio, xoves, celebramos no cole o día das Letras Galegas.
Os peques de Infantil vestíronse co traxe galego ou con algún complemento.
Pola mañá esperaban ansiosos a hora de desfilar e que chegara a súa actuación.
LGalegas from panconxocolate@gmail.com on Vimeo.
15/5/13
LETRAS GALEGAS
Mañá celebramos no cole o Día das Letras Galegas!
Traxes, pandeiretas, gaitas, muiñeiras, xotas, bailes, cunchas, cantareiras e cantareiros, poemas... farán do 17 de maio, o día das nosas letras e a nosa lingua, algo especial e memorable.
14/5/13
DÍA DA FAMILIA
Para conmemorar o día da familia os nenos e nenas de infantil estiveron traballando na realización dun cadro.
Os de tres anos fixeron un autorretrato, os de 4 a copia dun cadro de Joan Miró e os de cinco a interpretación persoal dunha obra de Miró.
Os de tres anos fixeron un autorretrato, os de 4 a copia dun cadro de Joan Miró e os de cinco a interpretación persoal dunha obra de Miró.
27/4/13
PINTANDO
Os nenos e nenas de 5 anos B decoraron as súas ventás con debuxos primaverais feitos por eles. Están feitos uns verdadeiros artistas.
24/4/13
DÍA DO LIBRO
Onte foi un día FABULOSO!
A lectura creou un momento máxico no patio do cole.
Pois, imos contar un conto,
un conto moi especial.
Non sabemos de que trata
mais pronto se saberá.
Teremos ollos abertos,
o cu pegado no chan.
Coas orellas escoitando,
axiña imos comezar.
día do libro from panconxocolate@gmail.com on Vimeo.
23/4/13
A MAXIA DA LECTURA
O día 23 de abril é o día do libro. En Calo imos facer algo especial para festexar a MAXIA DE LER: compartir un libro.
Un neno ou nena de Primaria contaralle un conto a outro/-a de Infantil. Compartirán palabras, emocións, sorrisos, poderán imaxinar bruxas con verrugas que nos queren enfeitizar, osos que saben cociñar, princesas que viven en pazos de cristal...E sobre todo, cun libro farán un amigo!
"Encontrei o que vos digo
e máis podería encontrar;
porque, con leres un libro,
mil mundos podes achar."
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

