23/4/13

A MAXIA DA LECTURA



O día 23 de abril é o día do libro. En Calo imos facer algo especial para festexar a MAXIA DE LER: compartir un libro.

Un neno ou nena de Primaria contaralle un conto a outro/-a de Infantil. Compartirán palabras, emocións, sorrisos, poderán imaxinar bruxas con verrugas que nos queren enfeitizar, osos que saben cociñar, princesas que viven en pazos de cristal...E sobre todo, cun libro farán un amigo!


"Encontrei o que vos digo
e máis podería encontrar;
porque, con leres un libro,
mil mundos podes achar."

No hay comentarios:

Publicar un comentario