24/5/10

MENÚ 24 - 28 MAIO

LUNS

CROQUETAS
MACARRONS CON TERNERA
PLÁTANO

MARTES

EMPANADA DE ATÚN
XUDÍAS,PATACAS,OVO E CHOURIZO
IOGURT

MÉRCORES

ENSALADA MIXTA
CHURRASCO
MAZÁ

XOVES

ENSALADILLA
MERLUZA Á ROMANA
PELADILLO

VENRES

SARDINILLA E OVO
ESPAGUETIS, PEITUGA
ALBARICOQUE

VISITANNOS

A semana pasada os nen@s de 3 anos A recibimos unha agradable sorpresa. Bea, a antiga profe na gardería da gran maioría dos nen@s da clase, veu a visitarnos.
A profe invitouna a lernos un conto con motivo das Letras Galegas. Portámonos tan ben...
que Bea nos deu un agarimo en forma de "chuches".

17/5/10

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Este ano adicamos o día das letras galegas a Uxío Novoneyra, para homenaxealo nas nosas aulas estamos a estudiar e traballar con poemas deste autor. Nos próximos días subiremos cousiñas que estamos a facer. Polo momento, deixámosvos un video moi orixinal de como os nenos e nenas de 5 anos nos invitaron a celebrar o pasado venres o día das Letras Galegas

16/5/10

CAMIÑO DE SANTIAGO



Un novo proxecto chegou ás nosas aulas, O camiño de Santiago. Todo o cole está a traballar neste idea promovida polo equipo de normalización lingüística, a nós os nenos e nenas de infantil tocóunos, camiñar a Fisterra. Durante estas semanas estivemos a traballar nun orixinal mural que recolle os lugares máis emblemáticos desde Santiago a Fisterra.




Cada neno colocou o seu zapato no camiño. Tamén nos vestimos de peregrinos por un día, pulsade o play e veredes

.
Este foi un mural complicado pois non podía co peso de tanto zapato así que logo de intentalo con varios materiais e coa axuda de varios profes, foi o papá de Román de 5 anos o único que o conseguiu. E a quen lle agradecemos moitísimoo a súa axuda-


14/5/10

MENÚ 18 - 21 MAIO

LUNS

FESTIVO

MARTES

ENSALADA
TORTILLA E SARDINILLA
PLÁTANO

MÉRCORES

ENSALADA DE PASTA
FILETE
CACAOLAT

XOVES

ENSALADA MIXTA
CARNE, PATACAS ASADAS
MAZÁ

VENRES

EMPANADILLAS
FUCCILES CON POLO
IOGURT