16/5/10

CAMIÑO DE SANTIAGO



Un novo proxecto chegou ás nosas aulas, O camiño de Santiago. Todo o cole está a traballar neste idea promovida polo equipo de normalización lingüística, a nós os nenos e nenas de infantil tocóunos, camiñar a Fisterra. Durante estas semanas estivemos a traballar nun orixinal mural que recolle os lugares máis emblemáticos desde Santiago a Fisterra.




Cada neno colocou o seu zapato no camiño. Tamén nos vestimos de peregrinos por un día, pulsade o play e veredes

.
Este foi un mural complicado pois non podía co peso de tanto zapato así que logo de intentalo con varios materiais e coa axuda de varios profes, foi o papá de Román de 5 anos o único que o conseguiu. E a quen lle agradecemos moitísimoo a súa axuda-


2 comentarios:

  1. Sen dúbida,este foi un traballo moi interesante e, polo que vexo,con algunha dificultade...Agradézovos moito o voso esforzo por ensinarlle aos pequerrechos cousas tan bonitas como estas e a vosa paciencia para pegar zapato a zapato e trasmitirlle aos nenos o que eso significa.Moitas grazas de corazón

    ResponderEliminar
  2. grazas a ti Erika por todas as palabras e o alento que nos deixas a diario, sempre enche de orgullo saber que o que estamos a facer nas aulas vos agrada. Unha aperta

    ResponderEliminar