17/5/10

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Este ano adicamos o día das letras galegas a Uxío Novoneyra, para homenaxealo nas nosas aulas estamos a estudiar e traballar con poemas deste autor. Nos próximos días subiremos cousiñas que estamos a facer. Polo momento, deixámosvos un video moi orixinal de como os nenos e nenas de 5 anos nos invitaron a celebrar o pasado venres o día das Letras Galegas

16/5/10

CAMIÑO DE SANTIAGO



Un novo proxecto chegou ás nosas aulas, O camiño de Santiago. Todo o cole está a traballar neste idea promovida polo equipo de normalización lingüística, a nós os nenos e nenas de infantil tocóunos, camiñar a Fisterra. Durante estas semanas estivemos a traballar nun orixinal mural que recolle os lugares máis emblemáticos desde Santiago a Fisterra.




Cada neno colocou o seu zapato no camiño. Tamén nos vestimos de peregrinos por un día, pulsade o play e veredes

.
Este foi un mural complicado pois non podía co peso de tanto zapato así que logo de intentalo con varios materiais e coa axuda de varios profes, foi o papá de Román de 5 anos o único que o conseguiu. E a quen lle agradecemos moitísimoo a súa axuda-


14/5/10

MENÚ 18 - 21 MAIO

LUNS

FESTIVO

MARTES

ENSALADA
TORTILLA E SARDINILLA
PLÁTANO

MÉRCORES

ENSALADA DE PASTA
FILETE
CACAOLAT

XOVES

ENSALADA MIXTA
CARNE, PATACAS ASADAS
MAZÁ

VENRES

EMPANADILLAS
FUCCILES CON POLO
IOGURT

10/5/10

ARTISTAS (1)

Os nen@s de tres anos reunionse para facer varias obras de arte. Imitando ó artista Jacson Pollock fixeron uns cadros preciosos que temos expostos no pasillo.
¡Ben por todos eles!

Exposicion






MENÚ 10 - 14 MAIO

LUNS

ENSALADA MIXTA
POLO ASADO, PATACAS FRITAS
PLÁTANO

MARTES

CALAMARES
ARROZ CON TERNERA
MELOCOTÓN

MÉRCORES

CALLOS
LENGUADO, PATACAS COCIDAS
NATILLAS

XOVES

FESTIVO

VENRES

CROQUETAS
ZORZA CON PATACAS
MAZÁ

2/5/10

DIA DA NAI

Coa chegada do mes de maio celebramos o día da nai, asi que durante estas últimas semanas esforzámonos moito para facer o mellor posible eses agasallos que o venres levamos á casa a todas as mamás. Desexamos que vos gustasen tanto como nos divertiu a nós elaboralos.

Mirade que ben o pasamos...