24/5/11

A SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

O día 17 de maio celebramos, como todos os anos, o día das letras. Como este día é festivo, o resto da semana celebramos este acontecemento.
Este 17 de maio, como todos desde 1963, adícaselle a un escritor, neste caso a Lois Pereiro, poeta monfortino. Elexiuse este día xa que o 17 de maio de 1963 celebrábase o centenario da publicación do libro de Rosalía "Cantares gallegos". Con este libro empezamos o que se coñece como o rexurdir das letras na nosa lingua despois de cinco séculos de escuridade. Con ela a lingua empeza a recuperar o prestixio que tivo na idade media, cando era a lingua da cultura, a lingua da lírica, a lingua que usaban os reis cando querían facer poesía ( Alfonso X, Don Dinis...)
Na escola, ademais de falar sobre Lois Pereiro e ler algunha das súas poesías, os nenos e nenas fixeron, durante a semana, xogos populares.




Ademáis, os nenos e nenas de 6º de primaria prepararon dous pequenos contos e contaronllelos ós pequenos de infantil. Estiveron moi atentos e gustoulles moito.


No hay comentarios:

Publicar un comentario