O día 25 de maio fómonos todos de excursión a unha granxa escola. Tivemos moitas actividades e divertímonos moito. Mirade o que fixemos.
CHEGAMOS MONTAMOS EN TRACTOR E VIMOS A HORTA.
MONTAMOS A CABALO
E COIDAMOS ANIMAIS
FIXEMOS PIZZA
FIXEMOS MANUALIDADES
XOGAMOS E FOMOS ÓS HINCHABLES.
MERENDAMOS E COMEMOS
DESPOIS DE COMER XOGAMOS LIBREMENTE
E PARA REMATAR DEMOS UN PASEO EN UN CARRIÑO TIRADO POR UN PONI.
28/5/11
24/5/11
A SEMANA DAS LETRAS GALEGAS
O día 17 de maio celebramos, como todos os anos, o día das letras. Como este día é festivo, o resto da semana celebramos este acontecemento.
Este 17 de maio, como todos desde 1963, adícaselle a un escritor, neste caso a Lois Pereiro, poeta monfortino. Elexiuse este día xa que o 17 de maio de 1963 celebrábase o centenario da publicación do libro de Rosalía "Cantares gallegos". Con este libro empezamos o que se coñece como o rexurdir das letras na nosa lingua despois de cinco séculos de escuridade. Con ela a lingua empeza a recuperar o prestixio que tivo na idade media, cando era a lingua da cultura, a lingua da lírica, a lingua que usaban os reis cando querían facer poesía ( Alfonso X, Don Dinis...)
Na escola, ademais de falar sobre Lois Pereiro e ler algunha das súas poesías, os nenos e nenas fixeron, durante a semana, xogos populares.
Ademáis, os nenos e nenas de 6º de primaria prepararon dous pequenos contos e contaronllelos ós pequenos de infantil. Estiveron moi atentos e gustoulles moito.

1/5/11
O DÍA DA NAI
O día 1 de maio é o día das mamás. Os nenos e nenas de infantil da escola decidiron facerlles un regalo.
Os de 3 anos fixéronlle un fermoso colgante en forma de corazón, decorado con un montón de cores. foi moito traballo.
Quedou así

Os de 4 anos traballaron tamén nun colgante, esta vez con forma de flor.
E este foi o resultado do traballo

Os de 5 anos decidiron traballar con serpentinas. Os nenos e nenas do grupo A fixeron unha cesta de cores, os do grupo B un broche.
O regalo

Esperamos que ás mamás lle guste o resultado.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)