20/1/11

A LÓXICA DOS NENOS (1)

Imos empezar hoxe unha nova sección no blog. Moitas veces comentamos a aplastánte lóxica dos nenos que nos deixa sen palabras. Imos mostrarvos algo desta lóxica. De cando en vez teredes aquí unha mostra dela. Hoxe empezamos con dúas pequenas historias.

1.- Os nenos están a pintar unha uva e mestra advírtelles que a folla da uva é de cor verde, nin branca, nin rosa nin... ¡verde!. Un neno remata e vai ensinarlle o traballo. A folla é verde e azul.
MESTRA.- Xa che dixen que tiña que ser verde.
NENO.- É que ten sulfato.



2.- Estamos lendo un libro no que ao final os protagonistas van para a casa collidos da man.
NENO1.-É que están namorados.
MESTRA.-É que é iso de estar namorados?
Hai varias contestacións, pero a mellor é a seguinte
NENO2.- É ir á misa.
MESTRA.- (vendo por onde van os tiros) E logo, fuches a unha voda?
NENO2.- Si, á do meu primo.
MESTRA.- E, que é unha voda?
NENO2.- Primeiro vas á misa e despois ven a voda e comes langostinos.

1 comentario:

  1. Jajjajajajaja.....moi bo,a verdade e que teñen unha imaxinación increible e fannos pasar momentos moi divertidos

    ResponderEliminar