9/9/10

A VOLTA Ó COLE

O próximo día 10 empezamos de novo o cole. Ás 9 da mañá vémonos todos outra vez.
O primeiro é pedirvos perdón por non subir algúns dos aniversarios de xuño. A informática ten estas cousas e un fallo nun dos ordenadores fixo que perdésemos todas as fotos.
Sentímolo pero ainda que o intentamos durante todo o verán foi imposible recuperalas.
Bueno, preparádevos. Este ano empezamos con novidades. Veredes que sorpresa vos espera nas aulas.
Ademáis temos unha aula máis e todo o piso de abaixo vai estar ocupado por infantil.
Ben, non vos dicimos máis. Ides ir vendo todo en nadiña de tempo.

benvidos

1 comentario:

  1. Pois nada,mañá xa nos vemos,con ganas de comezar un novo curso e de poder estar ó día neste blog tan estupendo

    ResponderEliminar