22/3/10

O DÍA DA ÁRBORE


Onte, día 21 de marzo, foi o día da árbore e hoxe Iago Calvo tróuxonos á clase dúas plantas para que nos as poideramos plantar.
Trouxonos dous carballos e estivemos vendo que o seu nome científico era "querqus robur". Despois do recreo plantamos os carballos ó lado da escola. Primeiro fixemos un furado e metemos a planta, despois cubrimola de terra e regámola.
Esperamos que a árbore medre e dentro de moitos anos poidamos ver doús carballos grandes no patio da escola.

No hay comentarios:

Publicar un comentario