29/1/10

SOLIDARIDADE CON HAITÍ

Estes días estamos a ver nos diferentes medios de comunicación a desgracia que están a vivir as persoas e sobre todo nenos e nenas como os nosos cativos, tralo terremoto de Haití. Foron continuas as iniciativas de plataformas, entidades e xente anónima en apoio a ese pais. Motivadas por este sentimento e incapaces de facelo de outra maneira, mandámosvos a todas as familias unha pomba (emblema de paz, que estes días estamos a traballar nas aulas) co fin de que a través da vosa creatividade e inxenio poidera chegar simbólicamente a toda esa xente e en especial a todos eses cativos un pouquiño de alentó entre tanta dor.
Desde aquí, as mestras, queremos agradecervos a colaboración que sempre nos prestades pero, hoxe en particular, un grazas máis grande por unirvos a nós en esta causa tan especial.
Mirade como “voan” as vosas pombas solidarias ata HAITÍ.

No hay comentarios:

Publicar un comentario