27/10/09

O OUTONO NA AULA DE 3 ANOS A

Grazas a todas as familias que nos mandáchedes da casa o voso afecto en forma de froita. Con elas montamos un recuncho que nos axudou a aprender: cores, formas, textura e sobre todo sabores. Durante estes días fomos experimentando con froitas que non coñecíamos e enchendo a aula de olores naturais. Ademais de colorealas e comelas, con algunhas como a noz fixemos os nosos propios animaliños. Observade como nos divertimos...

No hay comentarios:

Publicar un comentario