21/12/12

FELICES FESTAS


O equipo de educación infantil dexexavos a todos e todas un bo nadal. 

PANXOLIÑAS DE NADAL

Os nenos e nenas de infantil do CEIP A Igrexa-Calo, deséxanvos unhas felices festas e dedícanvos estas fermosas panxoliñas

A NOSA ÁRBORE DE NADAL

Os nenos e nenas do CEIP A Igrexa Calo puxeron unha femosa árbore de nadal.  Primeiro foron ó monte e recolleron polas caídas de carballo.  Os pequenos de infantil pintáronas de branco fixeron a árbore...




...e despois trouxeron da casa calcetíns para decoralo






Este foi o resultado dos nosos esforzos





20/12/12

Pequenas marabillas


Mirade que marabillas fixemos os peques de 3 anos coa nosa man,  as follas das árbores e moita, moita... imaxinación! Grazas Outono!

ANIMAIS ENCANTADORES



Ao cole chegaron uns "ANIMAIS ENCANTADORES" na voz de Susa Herrera. Que ben o pasamos cantando e bailando! Que un león nunha cama non é un camaleón...



19/12/12

PETA NA PORTA A LUZ DO NADAL!




Achégase o Nadal!  Na clase recollemos  os  nosos traballos: letras, contos, postais, debuxos…Canto aprendimos! Mirade con que ilusión gardamos as nosas cousiñas para ensinárvolas ao chegar a casa!