Son uns artistas estes peques.
6/10/11
OS PITUFOS DE 4 ANOS
Os nenos de 4 anos A pintaron un bonito pitufo para adornar as súas ventás. É un pitufo de outono, sentado nunha árbore a que lle caen as flores.
TRABALLANDO CON PLASTI NA CLASE DE 5 ANOS
Un dos traballos que menos podemos ver da escola é aquel no que os cativos traballan coa plastilina. Non pensedes que é facil, facer calquera obxecto e un esforzo moi grande para eles. Por sorte, as fotos permítennos ver algo que, de outra maneira, nunca veriamos (recordade que a plastilina ten que gardarse sempre facendo unha bola bolliña).
3/10/11
MENÚ 3-7 DE OUTUBRO
LUNS
CALAMARES Á ROMANA
MACARRÓNS CON CARNE
XEADO
MARTES
SALPICÓN DE MARISCO
CARNE E PATACAS ASADAS
MAZÁ
MÉRCORES
EMPANADA DE XAMÓN E QUEIXO
CALDEIRADA DE RAPE
PLÁTANO
XOVES
ENSALADA MIXTA
MILANESA DE POLO CON PATACAS FRITIDAS
PERA
VENRES
SARDIÑAS E OVO COCIDO
FIDEOS CON AMEIXAS
IOGURT
29/9/11
TRABALLANDO NAS CLASES DE TRES ANOS
Os nenos e nenas de tres anos queren que todos os seus pais e nais vexan o moito que traballan na escola. Aquí tedes unha mostra. Tanto xogan, como fan puzzles, plastilina, ou pintan unha bonita árbore na ventá da clase. Agora xa van a escola dos maiores e queren que o traballo tamén sexa de maiores. Un saúdo para todos eles e para as súas familias.
A ÁRBORE DE OUTONO
Neste outono que empeza, os nenos e nenas de infantil desexamos ofrecervos unha preciosa árbore na que se agachan os pitufos. Para todos os que queiran vela, atópase na porta de entrada da escola e nela colaboraron todos os nenos e nenas de infantil. Esperamos que vos guste moito.
Este é o resultado final do noso traballo. Esperamos que vos guste.

Este é o resultado final do noso traballo. Esperamos que vos guste.
25/9/11
OLA A TODOS
Despois das vacacións empezamos de novo á escola. O inicio é duro para todos os nenos e nenas, teñen que levantarse antes, empezar as súas rutinas... pero tamén está a parte boa: volver a ver ós amigos coñecer outros novos...
Tamén hai un grupiño que empeza por primeira vez, son os peques de tres anos. É dificil, pero pouco a pouco empezan a adaptarse. Vede o ben que o pasan xogando no patio.

Despois chegaron os maiores e fixeron unhas preciosas covas no novo areeiro

Un cordial saudo a todos os pais e nais dos nenos de infantil. Esperamos que o noso traballo vos guste.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)