23/5/13

INDO EU, INDO EU...




Na celebración das Letras Galegas os nenos e nenas de 3 aniños demostraron que lles encanta bailar!
Recibiron moitos e fortes aplausos porque o fixeron xenial!




2013-05-16-3 anos letras galegas from panconxocolate@gmail.com on Vimeo.

22/5/13

DESFILE, TRAXES, CANTOS E BAILES!







celebraciónletras from panconxocolate@gmail.com on Vimeo.


Velaquí un vídeo coas fotos do desfile, da mostra de traxes e das actuacións dos nenos e nenas.
Que día tan fermoso!

21/5/13

LETRAS E TRAXES GALEGOS



O 16 de maio, xoves, celebramos no cole o día das Letras Galegas.
Os peques de Infantil vestíronse co traxe galego ou con algún complemento.
Pola mañá esperaban ansiosos a hora de desfilar e que chegara a súa actuación.




LGalegas from panconxocolate@gmail.com on Vimeo.

15/5/13

LETRAS GALEGAS



Mañá celebramos no cole o Día das Letras Galegas!
Traxes, pandeiretas, gaitas, muiñeiras, xotas, bailes, cunchas, cantareiras e cantareiros, poemas... farán do 17 de maio, o día das nosas letras e a nosa lingua, algo especial e memorable.


14/5/13

DÍA DA FAMILIA

Para conmemorar o día da familia os nenos e nenas de infantil  estiveron traballando na realización dun cadro.

Os de tres anos fixeron un autorretrato, os de 4 a copia dun cadro de Joan Miró e os de cinco a interpretación persoal dunha obra de Miró.

27/4/13

PINTANDO


 Os nenos e nenas de 5 anos B decoraron as súas ventás con debuxos primaverais feitos por eles.  Están feitos uns verdadeiros artistas.