19/12/12

PETA NA PORTA A LUZ DO NADAL!




Achégase o Nadal!  Na clase recollemos  os  nosos traballos: letras, contos, postais, debuxos…Canto aprendimos! Mirade con que ilusión gardamos as nosas cousiñas para ensinárvolas ao chegar a casa!

POSTAIS DE NADAL

Os nenos e nenas de 4 anos fixeron unhas fermosas postais de nadal para agasallar aos seus pais nestas datas. 
Gústanvos?










16/12/12

Compartindo música!



Na clase moitas veces mostrámoslle aos demais aquilo que nos gusta: contos, películas, cancións, bailes...E aprendemos moito uns dos outros! Carlota e Antía quixeron facernos unha
actuación, son unhas verdadeiras artistas!

SAM 0597 from panconxocolate@gmail.com on Vimeo.

A cantar!



Nerea aprendeu unha canción sobre o outono e quixo compartila cos seus compañeiros e compañeiras!Cantamos todos xuntos así de ben…


SAM 0395 from panconxocolate@gmail.com on Vimeo.



OS REIS MAGOS

Os nenos e nenas de 5 anos A decoraron unha das súas ventás con debuxos dos treis Reis Magos.


E despois pintaron un Papá Noel.

15/12/12

PROXECTO DE OUTONO

Os nenos e nenas de 5 anos saímos ó entorno para investigar sobre o outono

Observamos ás árbores do patio...

recollemos elementos da natureza...


e despois traballamos na aula.