O venres 13 de abril, Hada, unha pequena de 5 anos, fixo unha pequena actuación ante os seus compañeiros. Hada vai a clase de flamenco. Esperamos que vos guste a todos e todas.
Vede o ben que o pasaron os seus compañeiros
11/5/12
7/5/12
PREMIO DO CONCURSO DESEÑA UNHA XOIA PARA A TÚA NAI
Fai poucos días celebrouse a entrega de premios do concurso "Deseña unha xoia para a túa nai", no que, os nen@s das distintas escolas galegas colaboran nun deseño de xoias para o día da nai. Na nosa escola dúas nenas, unha de infantil e unha de segundo quedaron finalistas. Unha delas, Zaida, de segundo resultou gañadora dentro da súa categoría, a outra, Laura, de 4 anos, quedou finalista. Ides ver as fotos da entrega de premios, do diploma que lle deron a Laura e da xoia, inspirada no seu debuxo, de Zaida
6/5/12
O DÍA DA NAI
Para celebrar o día da nai, os pequenos de infantil traballaron moito na elaboración dos regalos.
Os de tres anos decidiron facer un precioso colar feito con pasta branca pintada con témpera. Quedaron preciosos, e, ademáis, non atoparedes un igual a outro.
Os de catro e cinco anos fixeron un fermoso ramo de calas de plastilina que seguramente adornará as casas das súas mamás.
Todos eles traballaron moito e esperan que ás súas mamás lles guste.

4/5/12
O NOSO XARDÍN 3
Xa fai moito tempo que non vos falamos do proxecto do xardín. Hoxe ímosvos mostrar un vídeo cos avances no horto escolar. Si, ademáis de plantar flores, decidimos ter un horto . Ides ver o que traballaron todos. Esperamos que vos guste.
DESPEDIMOS A OLALLA
Olalla, que empezou con todos nos no mes de setembro, deíxanos. Toda a familia se traslada e ela con eles. Os seus compañeiros e compañeiras, e tamén a súa mestra deséxanlle o mellor na nova escola. Para a súa despedida, convidounos a tod@s a unha festiña na que participaron tamén os nenos e nenas da outra clase.
Acórdate tanto de nos, Olalla, como nos nos imos acordar de ti.
¡Un bico moi forte!
Acórdate tanto de nos, Olalla, como nos nos imos acordar de ti.
¡Un bico moi forte!
2/5/12
OS DE 4 ANOS B DEBUXAN UN MAR
Os nenos de 4 anos B decidiron cambiar a decoración das ventás. Nunha delas, estes nenos que son uns verdadeiros artistas, pintaron un mar. Veredes que chulo quedou.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
.jpg)