Na porta da entrada tiñamos unha árbore sen follas, como chegou a primavera, os nenos e nenas de infantil decidiron enchela de flores e pequenos brotes. O resultado foi espectacular. Pronto terá tamén follas. Pero deso falaremos outro día,
O último día antes das vacacións de semana santa recibimos a visita de Minie e Winnie de Poo. trouxeron caramelos e visitaron toda a escola, tamén ós de infantil. Aquí temos unhas fotos
Na clase de 5 anos estudamos as viaxes ó espazo. A mestra explicou que o primeiro ser vivo en viaxar ó espazo foi unha caeliña chamada Laika. Preguntoulle os nen@s cal sería a razón de mandar unha cadela ó espazo; un deles contestou que así os astronautas asegurábanse que funcionaba ben a nave espacial e volvía á terra. A este razonamento outro neno contestou -as cadelas son moi fieles e sempre volven. Esta é Laika por se queredes coñecela.