29/9/11

TRABALLANDO NAS CLASES DE TRES ANOS

Os nenos e nenas de tres anos queren que todos os seus pais e nais vexan o moito que traballan na escola. Aquí tedes unha mostra. Tanto xogan, como fan puzzles, plastilina, ou pintan unha bonita árbore na ventá da clase. Agora xa van a escola dos maiores e queren que o traballo tamén sexa de maiores. Un saúdo para todos eles e para as súas familias.

A ÁRBORE DE OUTONO

Neste outono que empeza, os nenos e nenas de infantil desexamos ofrecervos unha preciosa árbore na que se agachan os pitufos. Para todos os que queiran vela, atópase na porta de entrada da escola e nela colaboraron todos os nenos e nenas de infantil. Esperamos que vos guste moito.










Este é o resultado final do noso traballo. Esperamos que vos guste.





25/9/11

OLA A TODOS

Despois das vacacións empezamos de novo á escola. O inicio é duro para todos os nenos e nenas, teñen que levantarse antes, empezar as súas rutinas... pero tamén está a parte boa: volver a ver ós amigos coñecer outros novos...
Tamén hai un grupiño que empeza por primeira vez, son os peques de tres anos. É dificil, pero pouco a pouco empezan a adaptarse. Vede o ben que o pasan xogando no patio.

















Despois chegaron os maiores e fixeron unhas preciosas covas no novo areeiro






Un cordial saudo a todos os pais e nais dos nenos de infantil. Esperamos que o noso traballo vos guste.